David Pérez Iglesias (Ames, 1962) é escritor, guionista e profesor de lingua e literatura no IES de Porto do Son. Como narrador publicou: «O pergameo de Elir» (1987); «Estación Término» (Xerais, 1993), Premio de relato Cidade de Lugo; «Cando veña a noite» (2005), premio Antón Avilés de Taramancos, e «Todo o tempo do mundo» (Xerais, 2016), Premio Merlín de Literatura Infantil. Algúns dos seus relatos forman parte de obras colectivas como «Samago, Fascismo» de «Tecendo Panos» (2000), Premio Manuel Murguía de narracións breves; «Mares do Sur» de «Paisaxes e palabras» (2001) e «Vidros» d' «A garza insomne» (2016). É responsable da canle de vídeo SonCine, traballo de innovación didáctica polo que foi premiado pola Consellaría de Educación e a ASPG.
Recibe novedades de David Pérez Iglesias directamente en tu email
Ninguén sabe como choveu aquela noite na estación. Hai anos... non di o real: o real é agora para min a negación dos minuciosos azares diarios, os xestos repetidos no baleiro incontestable de cada xesto. A memoria da estación tivo a consistencia dunha mazá madura. Agora é incompresible coma o eco que devolve un pozo. Non sinto aquela noite, e esa sensación obra no meu cerebro na forma dunha froita reseca.
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Dias inesquecibles de veran nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das arbores e a identificar o son do rio e da fervenza, do merlo e do paspallas. Da man do avo Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que e por ultima vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durara sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.