Para a maioría dos que, durante moitos anos, se achegaron á poesía popular galega do século XIX, esta empezaba e ramataba no Cancioneiro popular gallego (1885-86) de Pérez Ballesteros. Antes del, este xénero parecía non existir ós ollos da historia da literatura, que se limitou a recoñecer algunhas poesías dispersas, xeralmente como parte secundaria de obras serias. A ptresente obra recolle, describe, sistematiza e interpreta a poesía popular dun período de 140 anos de a cabalo entre os séculos XVIII e XIX: o comprendido entre a redacción do Viaxe a Galicia (1745) do Padre Sarmiento primeira obra moderna na que se transcribe a letra dunha cantiga- e a publicación da devandita compilación de Pérez Ballesteros. Dos aproximadamente 6.400 textos aquí recopilados (3.912 textos base, máis os parcialmente coincidentes e os repetidos), uns 2.900 publícanse agora por vez primeira; entre eles, nove recollidos por Rosalía de Castro e dous por Sarmiento. Recupérase así un inxente patrimonio literario, xenuinamente galego, e amósase, ó mesmo tempo, a enorme variedade e riqueza desta literatura e o seu uso xeralizado entre a poboación galega dos séculos pasados.
Velaquí o segundo volume dun escrupuloso e brillante traballo de recopilación, ordenamento e edición da nosa poesía popular: a memoria dos nosos cancioneiros de tradición oral, que constitúen un dos mais ricos tesouros do patrimonio. literario. Cantigas e foliadas, coplas de amor ou traballo, alalas e seituras, angueiras e vendimas na voz anonima do noso pobo durante xeracions. Unha parte do mais profundo espirito creador da nosa xente.Dende as primeiras mostras que en 1745 recolleu o Padre Sarmiento ata o importante corpus do Cancionero Popular Gallego (1885-86) de Perez Ballesteros, nun periodo de mais de 140 anos, de a cabalo de dous seculos, o autor destes volumes ordena, describe, sistematiza e interpreta agora a poesia popular de Galicia con ollos novos e novos modelos criticos, sen dubida moito mais clarificadores: 6.400 textos, 2.900 dos cales ven a luz nestas paxinas por vez primeira.A edicion vai acompañada dun importante aparato de interpretacion, comentarios, mais de duas mil notas e variantes, 3.912 textos base, que fan desta obra unha aportacion fundamental neste eido de tan profunda significacion e, paradoxicamente, tan pouco coñecido.