Luís Seoane, fillo de emigrantes, naceu en Buenos Aires en 1910 e morreu na cidade da Coruña en 1979. A súa personalidade artística é unha das máis ricas da Galicia deste século: pintor, escenógrafo, ensaísta, narrador, poeta... Nesta mesma colección publicamos os seus dous primeiros libros de poesía, aportacións moi significativas ó realismo da literatura do exilio. O presente volume inclúe As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). Neles aparecen as vellas preocupacións do autor: a vocación social e política, a memoria da nosa Historia e o seu amor polo mundo da Arte.
Luís Seoane (1910-1979) é unha das figuras máis brillantes e de máis alta creatividade de Galicia deste século: pintor, debuxante, narrador, poeta, editor, animador de mil experiencias literarias e artísticas... El é, tamén, un dos representantes máis significativos da poesía galega da postguerra a partir de 1936. Voz rexa, descarnada, denunciadora, directa, pero tamén capaz de intensas emocións e de esconxurar sen medo os fantasmas da memoria. Fardel de eisilado (1952) e Na brétema Sant-Iago (1955) son, cronolóxicamente, as dúas primeiras entregas da súa Poesía Completa.