Con esta obra, Enrique Vélez (Licenciado en Bioloxía) e María Pereiro (Licenciada en Filoloxía Románica e Galego-portuguesa), propóñenlle ao lector a posibilidade de percorrer 263 paraxes naturais, agrupadas en 40 itinerarios ou zonas, que van acompañados de fotografias, mapas, esquemas e unha sinxela pero eficaz analise dos aspectos cientificos mais sobresalientes de cada unha.
A natureza en Galicia, fiel ás antigas tradicións, maniféstase tamén como unha valiosa colección de límites, fronteiras e peculiaridades. Aquí no estremo noroccidental da Península Ibérica, ubícase o limite da distribucion de moitas especies vexetais e animais. Aqui, onde as montañas se irmandan co mar, atopase a fronteira entre a aridez da meseta e a humidade oceanica, entre o anticiclon das Azores e as borrascas do norte, entre os dominios floristicos eurosiberiano e mediterraneo, e entre a fauna septentrional e meridional europea. Para valorar e amar toda esta riqueza cumpre coñecela e e polo que os seus autores, Enrique Velez e Mª Carmen Pereiro, autores tamen da exitosa guia As montañas de Galicia, editada nesta mesma coleccion, traballaron, durante longo tempo, para facernos chegar un censo exhaustivo dos puntos de interese natural mais importantes de Galicia, organizados en dous volumes, o primeiro para o litoral e o segundo para o interior. A distribucion das 261 paraxes naturais inventariadas, e mostra da riqueza natu-ral do noso pais. Para facilitar a sua visita agruparonse en 40 zonas que soen coincidir con comarcas, serras, rios ou treitos costeiros. Cada unha das zonas recibe un tratamento individualizado que comeza coa analise das suas caracteristicas mais relevantes. Posteriormente procedese a localizacion xeografica e o estudio de todas as suas paraxes naturais. A parte sistematica do libro, na que se describen as distintas paraxes, esta acompañada dunha parte tematica que analiza sinxelamente alguns dos aspectos cientificos mais relevantes de cada unha das 40 zonas descritas.
Este libro compaxina o coñecemento do patrimonio natural das nosas montañas co esforzo de as descubrir. As montañas de Galicia é un libro feito desde unha concepción gráfica moderna e de grande manexabilidade para andar e patear o monte e descubrir o medio ambiente galego. Os 15 itinerarios propostos pódense realizar sen grande forma física e sen grandes medios técnicos; a penas con zapatillas, mochila, se cadra algunha guía de campo e a cámara de fotos. Son 15 itinerarios descritos coa súa xeoloxía, flora e fauna, acompañados de mapas e esquemas e con indicacións e descrición de máis de 93 puntos de interese nas proximidades. Ademais dunhas excelentes fotografías, o libro vai acompañado de apartados que indican os accesosa cada itinerario, o tempo que leva o percorrido e as recomendacións que cómpre ter en conta para coñecer o Monte Pindo, San Andrés de Teixido, as serras do Courel e dos Ancares, o Parque Nacional de Peneda-Geres, o Teixedal de Casaio ou a Serra do Barbanza, entre outros moitos itinerarios.