FERNANDO PATRICIO CORTIZO


Fernando Patricio Cortizo, (A Coruña, 1972) é técnico especialista en Cultivos Mariños e investigador de naufraxios. Actualmente é colaborador do xornal "La Voz de Galicia" na edición de Ferrol, da revista cultural "O Talieiro" de Malpica, e da TVG. Foi redactor da revista de mergullo "Espacio Submarino". A súa vida, intimamente vencellada ao mar desde o barrio de Monte Alto, transcorre entre mariñeiros e os mergulladores do Clube do Mar de San Amaro. Coa súa paixón pola pesca submariña descubriu os fondos galegos e os seus primeiros pecios. A afección pola historia e polos naufraxios levárono a escribir os libros "Manual do alumno de mergullo con tubo" (1999); e "Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XIX" (2000) e "Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XX" (Xerais 2004). Actualmente está a traballar nun libro sobre a traxedia do Prestige.
Recibe novedades de FERNANDO PATRICIO CORTIZO directamente en tu email
Del 1 al 2 de 2
HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS: DO SEC. I O XIX

LAVERDE EDICIONES LEA 9788495444004


HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS: SECULO XX

Edicións Xerais 9788497821643


Del 1 al 2 de 2