Florencio Delgado Gurrriaran recolle en O soño do guieiro, como homenaxe ao seu amigo e compañeiro político, Castelao, poemas de corte social e reivindicativo publicados durante a República, a guerra e o exilio, dos que indica que son “a miña resposta a certos aconteceres deste seculo noso que xa anda nas encollas; son a expresion do meu reaxir de home galeguista, democrata e liberal, amigo da España e da Galiza renascentes —amizades perfectamente compatibeis— e adversario decidido das ditaduras dereitistas ou esquerdistas”.
A Antoloxía poética de Florencio Delgado Gurriarán, que aquí presentamos, pretende ofrecer unha mostra do máis significativo da súa obra, ordenada cronoloxicamente a partir dos seus libros e dalgunhas composicions dispersas, desde os canticos iniciais do seu universo valdeorres ata a poesia comprometida, satirica e de loita, fiel co seu pensar, que realizou desde o exilio. Esta escolma esta dirixida a quen se confesen curiosos da obra de Delgado Gurriaran, poeta de Valdeorras, percorrendo tematicas e correntes polas que transitou, coa pretension de que sexa util para o coñecemento do autor.
En 1934 Florencio Delgado Gurriarán publicou, na Editorial Nós, Bebedeira, trinta e dous poemas, dos que algúns deles xa viran a luz en revistas e xornais, onde as árbores, as plantas e a paisaxe adquiren caracteristicas de personaxe central en poesias de corte sensorial evocadoras da cosmogonia valdeorresa, que teñen a viña e o viño como centro, achegando imaxes e metaforas que converten o poemario no mais importante do hilozoismo galego, polo que recibiu notables gabanzas da critica do momento.
Galicia infinda e unha colleita de poemas a traves de vinte anos de traballo de Florencio Delgado Gurriarán, onde as tres primeira partes (“Cantarenas”, “Valdeorras” e “Castiñeiros”) recordan o estilo animista de Bebedeira (Nos, 1934), a sua primeira obra. Mais a novidade chega nas duas ultimas partes, onde inclue algunhas mostras de poesia civil de tematica galega (“Varia”) e, sobre todo, nos “Poemas mexicanos”, con novas poesias cun ton distinto e con trazos da cultura mexicana e da musica do pais, que o autor denominou como exemplos de “creoulismo multietnico”.