Francisco Pillado Maior (A Coruña, 1941). Cofundador e director, até o ano 2012, de Edicións Laiovento, dirixiu tamén os Cadernos da Escola Dramática Galega, os Cadernos da Sala «Luis Seoane» e a revista Casahamlet. Tamén versionou e traduciu ao galego obras de Federico García Lorca, Antón Chekhov, Osvaldo Dragún, Jean Genet, Michel de Ghelderode, Samuel Beckett, Jean-Paul Sartre e Mario Benedetti.
Recibe novedades de FRANCISCO PILLADO MAIOR directamente en tu email
A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras ve a luz cando teñen transcorrido quince anos da publicación de A nación incesante (1989), primeiro libro de conversas con Xosé Manuel Beiras tamen realizado por Miguel Anxo Fernan Vello e Francisco Pillado Maior. A estrela na palabra ofrece un vivo testemuño do Beiras humano e politico dos nosos dias, combinando diferentes analises sobre a realidade politica actual, tanto no que afecta a Galiza e ao BNG en particular como no que atinxe a realidade internacional vista desde o prisma do politico, escritor e ideologo galego. Con Xose Manuel Beiras, co seu discurso e coa sua accion, os autores reivindican a "estrela" na "palabra", a lucidez persoal extraordinaria dun home que marcou e marca toda unha epoca e que e semente intelectual e politica de futuro.
A nación incesante é unha memoria activa e lúcida sobre o país vivido, sobre a experiencia da súa historia e sobre o pulso máis actual do seu decorrer político. Todas as dimensións que o presente fornece polarizan unha analise critica rigorosa e unha optica que permite proxectar o futuro. Pensar unha nacion e construir un vieiro de libre paso, unha paisaxe de texturas plurais onde se plasmen os anceios dos que foron e dos que son solidariamente mulleres e homes comprometidos coa idea dunha Galiza no universo. Xose Manuel Beiras e un dos homes que mais leva loitado por esa nacion incesante que ven do pobo e que ten a sua mais nidia raiz na liberdade e na xustiza social que ese pobo reclama.
En Edicións Laiovento consideramos que, nas actuais circunstancias, o Teatro e a xente que o fai posíbel non podían ficar indiferentes diante da "crise" , espolio ou atraco que estamos a vivir e que o xénero dramático debía recuperar ese necesario protagonismo, denunciando o que outros silencian, ocultan ou manipulan e por iso decidimos cederlles a palabra neste libro, que reúne vinte pezas doutros tantos autores e autoras recoñecidos do noso país (Marcos Abalde, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Afonso Becerra, Lino Braxe, Marica Campo, Santiago Cortegoso, Ánxeles Cuña, Lois Diéguez, Manuel Lourenzo, Zé Paredes, Xosé Manuel Pazos, Olivia Pena, Gustavo Pernas, María Xosé Queizán, Henrique Rabuñal, Vanessa Sotelo, Diana Varela, Fidel Vidal, Roi Vidal) que nos ofrecen unha visión crítica do momento que estamos a padecer.