📗 Libro en gallego OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA

Autores galegos polo aforismo

Edicións Xerais - 9788491211334

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA

Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable.O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable.O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491211334

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/01/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 180.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por FRANCISCO PILLADO MAIOR y Xavier Seoane


Francisco Pillado Maior (A Coruña, 1941). Cofundador e director, até o ano 2012, de Edicións Laiovento, dirixiu tamén os Cadernos da Escola Dramática Galega, os Cadernos da Sala «Luis Seoane» e a revista Casahamlet. Tamén versionou e traduciu ao galego obras de Federico García Lorca, Antón Chekhov, Osvaldo Dragún, Jean Genet, Michel de Ghelderode, Samuel Beckett, Jean-Paul Sartre e Mario Benedetti.
Descubre más sobre FRANCISCO PILLADO MAIOR
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.
Descubre más sobre Xavier Seoane

Opiniones sobre OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana