O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlin ou as do fotografo e editor barcelones L. Roisin; asi como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñia de prelo propio, editadas a maior parte delas en frances, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, asi como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamen, o valioso traballo documental dos fotografos e editores locais como Jose Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral.A coleccion documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraido da ?Geografia General del reino de Galicia?, editada en Barcelona en 1936, onde o poligrafo tudense realiza unha completisima descricion do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª Republica, o concello en extension mais pequeño de España. No volume presentase as vistas xerais dispoñibeis do concello, as construccions mais destacadas da vila, as instalacions do Gran Hotel e das suas dependencias e salons, as fontes de Gandara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do rio Tea e do lago das Pias, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, asi como escenas costumistas de caracter rural. Destaca, tamen, no volume a reproduccion de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, asi como a dun accion do capital de fundacion da Compañia Anonima Tranvia de Mondariz a Vigo de 1915.
Ver más