📗 Libro en gallego A MEMORIA DE MONDARIZ-BALNEARIO: ALBUM DE POSTAIS

XERAIS - 9788497820233

Historia local de España Galicia

Sinopsis de A MEMORIA DE MONDARIZ-BALNEARIO: ALBUM DE POSTAIS

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral.A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Álvarez Limeses, extraído da ?Geografía General del reino de Galicia?, editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497820233

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96
Tiempo de lectura:
2h 11m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 24/07/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Vigo
Peso: 590.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por CARLOS DIAZ MARTINEZ y GERARDO ALVAREZ LIMESES


Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición... Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado " Xesús Ferro Couselo " , " Fouce: Etapa da Clandestinidade " e " A semente do 72, a forza da nosa clase " . Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: " Galicia fora de Galicia " , " Culturas no Camiño Xacobeo " , " Masonería Universal. Familia Galega " , " Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica " . Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros " A memoria de... " e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e ``A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).
Descubre más sobre CARLOS DIAZ MARTINEZ

Opiniones sobre A MEMORIA DE MONDARIZ-BALNEARIO: ALBUM DE POSTAIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana