Imaxinas como sería a vida de Brigantia, unha artista galega do século XVIII que chegou a pintar na catedral de Colonia? E a de Xoana de Vega, unha intelectual coruñesa educando princesas en Madrid? Pensas que María Casares soñaba de nena con ser unha grande actriz e triunfar en París? Descúbreo nas tres divertidas pezas teatrais que integran esta obra, onde a autora mestura con naturalidade o real e o fantástico.
A partir de 10 anos. Como podemos incorporar as obras de teatro nas clases? Heidi Kühn-Bode expón seis obras de teatro de fácil interpretación nas aulas, animando a todos os mestres e mestras a realizar unha actividade diferente e atractiva, que permitirá aos nenos e nenas soñar, á vez que adquiren organización e independencia.