Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimos, pobo primitivo que ainda sobrevive en durisimas condicions, ocupando a rexion mais fria do noso planeta, a do Circulo Polar Artico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Ali os esquimos viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do seculo XIX, na epoca das grandes exploracions, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as suas culturas e as suas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamen e hoxe unha fermosa e esperanzadora rexion autonoma para todalas comunidades articas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, e que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, ainda nos pode ensinar moito. Transcorridos dez anos dende a sua nacencia, en Un dia de caza, Nunavut, impulsada pola arela de paliar a escaseza de comida que sofre a sua aldea, vese envolta nunha aventura con traza de soño na que coñece a unha simpatica balea en apuros e a un enigmatico xerifalte, que a axudaran a acadar o seu proposito.Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimos, pobo primitivo que ainda sobrevive en durisimas condicions, ocupando a rexion mais fria do noso planeta, a do Circulo Polar Artico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Ali os esquimos viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do seculo XIX, na epoca das grandes exploracions, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as suas culturas e as suas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamen e hoxe unha fermosa e esperanzadora rexion autonoma para todalas comunidades articas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, e que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, ainda nos pode ensinar moito. Transcorridos dez anos dende a sua nacencia, en Un dia de caza, Nunavut, impulsada pola arela de paliar a escaseza de comida que sofre a sua aldea, vese envolta nunha aventura con traza de soño na que coñece a unha simpatica balea en apuros e a un enigmatico xerifalte, que a axudaran a acadar o seu proposito.
Ver más