Licenciada en Belas Artes, comeza no eido da ilustración profesional á vez que se incorpora á veterana banda de rock Zënzar. Este feito fai que moitos dos proxectos creativos e de investigación en que traballa teñan relación coa música. É ilustradora do proxecto de rock infantil Pakolas, tanto dos libros como debuxando en directo no espectáculo Cores, contos e rock'n'roll. En 2017 comeza Músicas Galegas Ilustradas, un proxecto onde visibiliza o papel da muller na música galega e que foi recoñecido co premio Martín Códax da Música 2020. É coautora do libro Ferreñas&Rock'n'roll xunto con Iria Pedreira. Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) desde o ano 2022. En Xerais, é autora das ilustracións de «Luísa Villalta, melodía de palabras» (Xerais 2023); «Unha gorxa chea de paxaros» (Xerais 2024), «Milú e o edificio das persoas extraordinarias» (Xerais 2024) e «Tacón, punta, tacón» (2025).

Recibe novedades de LAURA ROMERO directamente en tu email

Del 1 al 3 de 3
-emma pedreira lombardia-laura romero-9788499953588
Tapa blanda
XelArias. Palabra á intemperie

Emma Pedreira Lombardía y ROMERO, LAURA

-laura romero-9788419208569
Tapa dura
Ráfaga

ROMERO, LAURA

-laura romero-9786287879027
eBook
Vive a tu manera

ROMERO, LAURA

Del 1 al 3 de 3