Volumes monográficos con grande aportación de datos sobre períodos e temas concretos. Pola cantidade e mentalidade dos autores o producto final combina unidade e pluralidade de interpretación. Un traballo que conta co entusiasmo de todos porque nel tratamos de rescatar a "memoria histórica" da nosa nación, imprescindíbel tanto para calquera proxecto colectivo como para unha convivencia en liberdade.
A historia do Teatro Galego é aínda unha das materias pendentes da nosa crítica literaria. Cada estudioso aportou a súa propia periodización, aspirando a cubrir os desaxustes e incoherencias que atopaba na breve historiografia dramatica, nun intento de racionalizar unha serie de datos e datas que semellaban dislocados.Este libro non e un intento mais. Sen prescindir da tradicion historiografica, a autora deste traballo volveu as fontes orixinais, as publicacions periodicas e aos arquivos publicos e privados, para comprobar que todos eses datos eran certos, e asi puido documentar que moitas dasverdadesadmitidas como incuestionabeis pola critica estaban erradas
Catálogo de noticias sobre teatro aparecidas na prensa e noutras publicacións periódicas, que se encontran actualmente reunidas nos ricos fondos da Biblioteca-Arquivo