Luís Álvarez Pousa, profesor de Periodismo Especializado na Facultade de Ciencias da Información de Santiago, xornalista durante 23 anos en La Voz de Galicia e director da revista mensual Tempos Novos, constata en A identidade fronte a rede, o ensaio que Xerais publica na sua serie Universitaria Comunicacion, o potencial estratexico dos medios de comunicacion nesta fin de seculo, cando se experimentan transformacions derivadas da globalizacion e da emerxencia das identidades. Os medios contribuen de maneira decisiva, necesaria e imprescindible, a conversion das identidades colectivas etnicas en identidades colectivas nacionais. Velai por que a clasica definicion socioespacial de identidade precisa complementarse cunha definicion sociocomunicacional. As portas do terceiro milenio, a construccion da nacion, da sua identidade, esixe un marco politico especifico, un territorio institucional que na sociedade contemporanea e sobre todo un espacio de comunicacion. Galicia tamen pode ser un espacio de choque fronte as estratexias de concentracion nas que a sociedade da informacion descansa todo o seu poder homoxeneizador. Para Pousa tal vez sexa o momento de reformular posicions de partida, para definir o modelo de convivencia plurinacional, pluricultural e plurilinguistico que se empeza a demandar nos albores do ano 2.000. ¿Estan os medios de comunicacion galegos en disposicion de aproveitar este potencial subversivo nesa direccion? A convivencia plurinacional esixelles os seus valedores asumir os riscos deste tempo de transicions e de cambios sen prexuizos. En calquera caso, teran que entender que o rescate economico e civil dunha nacion debe nacer da sua propia cultura, das suas institucions, da sua politica, do seu sistema de medios, do seu autogoberno. Non para ser excluintes, senon para que o universal reforce a sua significacion na pluralidade e na diversidade de culturas e identidades colectivas coas que facerlles fronte os efectos da mundializacion, que tende a uniformizalas. Esa capacidade existe, a da identidade fronte a rede. Escudriñar con perspectiva galega nese proceso e o que se fai nesta novidosa, documentada e arriscada reflexion.