É o resultado dunha reflexión sobre a orixe, desenvolvemento e recepción pola crítica do seu tempo dun movemento literario que emprendeu a mediados dos anos 50 a tarefa de renovar a narrativa en lingua galega. A autora ofrece unha interpretacion dos textos poñendoos en relacion coas circunstancias sociais, politicas e culturais da epoca na que xurdiron. A necesidade de defenderse dun entorno sumamente adverso, xerador de impotencia vital e cultural, foi o factor que impulsou os escritores da nova narrativa a copnstruiren uns relatos caracterizados polo experimentalismo anovador e o desexo de superar unha literatura ancorada en pautas envellecidas. Trataban tamen de dar resposta a tres supostos propios da epoca: o mundo do absurdo, a narracion obxectalista e a emerxencia literaria do subconsciente nunha Europa na que as teorias de Freud alcanzaran unha gran difusion.