A natureza en Galicia, fiel ás antigas tradicións, maniféstase tamén como unha valiosa colección de límites, fronteiras e peculiaridades. Aquí no estremo noroccidental da Península Ibérica, ubícase o limite da distribucion de moitas especies vexetais e animais. Aqui, onde as montañas se irmandan co mar, atopase a fronteira entre a aridez da meseta e a humidade oceanica, entre o anticiclon das Azores e as borrascas do norte, entre os dominios floristicos eurosiberiano e mediterraneo, e entre a fauna septentrional e meridional europea. Para valorar e amar toda esta riqueza cumpre coñecela e e polo que os seus autores, Enrique Velez e Mª Carmen Pereiro, autores tamen da exitosa guia As montañas de Galicia, editada nesta mesma coleccion, traballaron, durante longo tempo, para facernos chegar un censo exhaustivo dos puntos de interese natural mais importantes de Galicia, organizados en dous volumes, o primeiro para o litoral e o segundo para o interior. A distribucion das 261 paraxes naturais inventariadas, e mostra da riqueza natu-ral do noso pais. Para facilitar a sua visita agruparonse en 40 zonas que soen coincidir con comarcas, serras, rios ou treitos costeiros. Cada unha das zonas recibe un tratamento individualizado que comeza coa analise das suas caracteristicas mais relevantes. Posteriormente procedese a localizacion xeografica e o estudio de todas as suas paraxes naturais. A parte sistematica do libro, na que se describen as distintas paraxes, esta acompañada dunha parte tematica que analiza sinxelamente alguns dos aspectos cientificos mais relevantes de cada unha das 40 zonas descritas.
Con esta obra, Enrique Vélez (Licenciado en Bioloxía) e María Pereiro (Licenciada en Filoloxía Románica e Galego-portuguesa), propóñenlle ao lector a posibilidade de percorrer 263 paraxes naturais, agrupadas en 40 itinerarios ou zonas, que van acompañados de fotografias, mapas, esquemas e unha sinxela pero eficaz analise dos aspectos cientificos mais sobresalientes de cada unha.