¿Pensas ti que houbo maneira de lle facer ver que sempre tivémo-Ia facenda na casa?, e logo, ¿quen é o tolo que se lle ocorre botala fóra se non quere perde-lo que ten? Cantas veces me teño erguido de noite para lle axudar a parir a unha vaca ou a unha cocha, que senon ¿quen sabe como seria? Ademais, ben sabes ti que mentres estas detras do lume tanto podes repara-los fillos coma a facenda, porque o da lareira tanto serve para quenta-las cortes coma os cuartos, e ainda hai outra cousa ¿como se afarian os animais nunhas cortes frias, e sen poder ver a seu dono?, (...)