Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlantica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporanea. Co formato dunha guia sentimental, afastada de topicos e saudades localistas, estes textos afondan na procura da esencia do Vigo contemporaneo, dunha cidade orgullosamente galega, volcan de dinamismos, cidade estrepito de corazon celeste, obreira, aldea, mariñeira, amante da ansia perdida. Prosas viguesas polas que circulan os tranvias metropolitanos, a actividade e o bulir de comercios e mercados, os conflitos obreiros e os naufraxios, os traballos da ribeira e da ardora, a ledicia das festas tradicionais, as receitas de larpeiradas e noites sinaladas, as angueiras de barrios, parroquias e xentes humildes dunha cidade guindastre, contraditoria, capaz de facerse, desfacerse e refacerse coma espiral. Vigo, puro milagre!Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlantica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporanea. Co formato dunha guia sentimental, afastada de topicos e saudades localistas, estes textos afondan na procura da esencia do Vigo contemporaneo, dunha cidade orgullosamente galega, volcan de dinamismos, cidade estrepito de corazon celeste, obreira, aldea, mariñeira, amante da ansia perdida. Prosas viguesas polas que circulan os tranvias metropolitanos, a actividade e o bulir de comercios e mercados, os conflitos obreiros e os naufraxios, os traballos da ribeira e da ardora, a ledicia das festas tradicionais, as receitas de larpeiradas e noites sinaladas, as angueiras de barrios, parroquias e xentes humildes dunha cidade guindastre, contraditoria, capaz de facerse, desfacerse e refacerse coma espiral. Vigo, puro milagre!
Ver más