Manuel Curros Enríquez


Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851-Cuba 1908) instalouse en Madrid a fins de 1866, onde se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Nesta época acuñou a súa ideoloxía republicana e progresista que caracterizou toda a súa obra poética e xornalística. A súa relación neste período coa lingua e a cultura galega era simplemente afectiva, de feito compuxo " A Virxe d'o Cristal " , " O gueiteiro " e " Unha boda en Einibó " para as presentar a un concurso por petición da nai. O concurso fallouse en 1877, ano en que Curros se instalaba en Ourense como funcionario na Delegación de Facenda. Nesta etapa ourensá, poderá aplicar á realidade galega a súa ideoloxía progresista, e este confronto aproximará Curros aos rexionalistas. Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra (1880, Xerais 1990) que alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense, que solicitaba que fose confiscado e que o incluía no índice de libros prohibidos. Curros foi xulgado e absolto. A obra sería reeditada en 1881 e en 1886 con novas contribucións poéticas. Cesado no seu posto de Facenda en 1883, Curros volveu instalarse en Madrid. Alí traballou como xornalista, primeiro en El Porvenir e despois en El País, ao tempo que preparaba O divino sainete (1988, Xerais 1990). A crítica española recibiu este novo libro con eloxios, mais os amigos rexionalistas de Galiza cubriron a publicación cun veo de silencio. A pesar diso, Curros era un poeta recoñecido e foi coroado en Madrid, en 1893. En 1894 Curros emigrou a Cuba. Alí dirixiu La Tierra Gallega e, cando esta publicación desapareceu, entrou na redacción de El Diario de las Familias , e despois no Diario de la Marina. A súa estancia cubana coincidiu co momento máis activo do movemento independentista, o que o levou a reflectir sobre o imperial...
Recibe novedades de MANUEL CURROS ENRIQUEZ directamente en tu email
Del 1 al 10 de 10
AIRES DE MI TIERRA

EDICIONES 29 9788471752451


O DIVINO SAINETE (COLECCION) (OFERTAS MARTINEZ LIBROS)

AKAL 9788476006597


O DIVINO SAINETE

XERAIS 9788483023587


EDUARDO CHAO EX-MINISTRO DE LA REPUBLICA: ESTUDIO BIOGRAFICO

DO CASTRO 9788474928396


AIRES DA MILA TERRA

Deputación Provincial de Ourense 9788416643585


OBRAS COMPLETAS

AGUILAR 9788403041233


O MAIO

Editorial Galaxia, S.A. 9788491517924


POESIA GALEGA COMPLETA

GALAXIA 9788471548443


CURROS ENRIQUEZ PARA NENOS

EDICIONES DE LA TORRE 9788486587277


O DIVINO SAINETE

Edicións Xerais 9788491215424


Del 1 al 10 de 10