Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rua da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campas, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas ruas e esparexe o capitulos todos da sua existencia. As paxinas de pergamiño, como faiscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando a voraz desmemoria as lembranzas fuxidias, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia.Festina lente e a primeira novela para publico adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela historica, ambientada na Compostela do seculo dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propon ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rua da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campas, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas ruas e esparexe o capitulos todos da sua existencia. As paxinas de pergamiño, como faiscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando a voraz desmemoria as lembranzas fuxidias, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia.Festina lente e a primeira novela para publico adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela historica, ambientada na Compostela do seculo dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propon ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.
Ver más