En outubro de 1891, con 10 anos acabados de facer, Picasso chega coa súa familia á Coruña, onde acaban de concederlle ao pai praza de profesor na Escola de Belas Artes. O rapaz axiña se adaptará á cidade e dará mostras do seu carácter curioso e inquedo. Ademais, na Coruña xermolará a súa paixón pola pintura, fará a primeira exposición da súa obra e vivirá o primeiro amor.
Ficha técnica
Ilustrador: María Pascual de la Torre
Editorial: Editorial Tambre (Edelvives)
ISBN: 9788490463284
Idioma: Castellano
Número de páginas: 130
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/04/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: Zaragoza
Colección:
Ala Delta - Serie verde
Ala Delta - Serie verde
Número: 34
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Marcos Sanchez Calveiro
Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís "Sari soñador de mares" (2006) e "Rinocerontes e quimeras" (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por "O carteiro de Bagdad", novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por "O canto dos peixes" (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela "O pintor do sombreiro de malvas" (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por "Palabras de auga" (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou "Unha casiña branca" (Xerais, 2015). En 2011 publicou "Lois Pereiro. Náufrago do paraíso" (Xerais 2011) e "Centauros do norte" (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía "El samurai del rey" (2010-2011). A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: "Festina lente" (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e "Setteccento" (2010). Na colección Fóra de xogo tamén ten publicadas as novelas "Todos somos" (Xerais 2013), "As palabras poden matar" (Xerais 2015) e "Todos fomos" (Xerais 2021). Como poeta publicou "Cartas do terceiro día" (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias http://alfaias.blogaliza.org e o perfil en twitter @calveiro