Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC 9788415876915
Sabíase que a crecente incorporación das mulleres á carreira docente e investigadora no ámbito universitario non se vira reflectida, dun xeito xeral, nunha redución nas actividades domésticas e de coidados, asumidos tradicionalmente por elas, a pesar da sua insercion no mundo laboral. E nesta dimension, os avances en materia de corresponsabilidade parecian pouco significativos. Este libro revela a importancia de medir os usos ou empregos do tempo nun colectivo, o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, que, malia semellar mais proclive a que as tarefas domesticas se compartan, na realidade amosa notables diferenzas.