Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela é «Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023) e gañou o XLI Premio Xerais de Novela coa obra «Detective Ferruchi» (Xerais, 2024). Con «Os peidos máxicos de Sultán» (Xerais, 2024) estréase no eido da literatura infantil.
Recibe novedades de Marta Villar directamente en tu email
Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo. Sil descobre que Sultan ten poderes maxicos... ainda que algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables. Podera Sil axudar a que Sultan controle os seus poderes?
Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos dias aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama centrase na investigacion paralela deste crime que realiza Sol e durante as suas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan a reflexion. Ao longo da historia visibilizanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuizos. Detective Ferruchi tamen lles da voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio textil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a sua independencia economica. Detective Ferruchi, de Marta Villar, e unha novela coral e divertida contada cun ton ironico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.
A militancia contra o machismo e a crenza na violencia para erradicar a violencia narradas cun estilo rotundo, directo e moi estilizado.A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradicion permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta mais do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible. Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en Non temeras os coches amarelos presentasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a sua crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamen a vida da ultima xeracion que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petroleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada dia nun xornal.