Unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo. Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria
A nación incesante é unha memoria activa e lúcida sobre o país vivido, sobre a experiencia da súa historia e sobre o pulso máis actual do seu decorrer político. Todas as dimensións que o presente fornece polarizan unha analise critica rigorosa e unha optica que permite proxectar o futuro. Pensar unha nacion e construir un vieiro de libre paso, unha paisaxe de texturas plurais onde se plasmen os anceios dos que foron e dos que son solidariamente mulleres e homes comprometidos coa idea dunha Galiza no universo. Xose Manuel Beiras e un dos homes que mais leva loitado por esa nacion incesante que ven do pobo e que ten a sua mais nidia raiz na liberdade e na xustiza social que ese pobo reclama.
No seu momento, Xosé María Álvarez Cáccamo cualificou este libro como "o momento de máis aguda lucidez e tensión emotiva no total da obra do seu autor". Gañador da V edición do premio Martín Codax de poesía, este libro é culminación e, ao tempo, superación do discurso celebrativo e vitalista que caracteriza a súa obra anterior. As certezas do clima sinala a apertura da lírica de Fernán-Vello a novas actitudes e miradas, tamén a novas paisaxes, nas que un ton por veces elexíaco non consegue borrar a luz nin afogar "ese asombro nos ollos que aínda pode salvarnos".