📗 Libro en gallego TERRITORIO DA DESAPARICION

GALAXIA - 9788482887197

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de TERRITORIO DA DESAPARICION

Unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo.

Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria

Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788482887197

Idioma: Gallego

Número de páginas: 108

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/07/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Escrito por Miguel Anxo Fernán Vello


Descubre más sobre Miguel Anxo Fernán Vello
Recibe novedades de Miguel Anxo Fernán Vello directamente en tu email

Opiniones sobre TERRITORIO DA DESAPARICION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana