Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da sua privilexiada posicion xeografica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha nova Sicilia: atraso economico, unha centenaria tradicion de contrabando e un clima de admiracion e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da epoca dos inofensivos e benefactores capos do tabaco. Os clans, poderosos e hermeticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase politica e das forzas de seguridade.A traves de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuices, policias, xornalistas e nais de toxicomanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo kitsch de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenomeno que arrasou o tecido social, economico e politico de Galicia.Fariña inclue, ademais, un repaso inedito polos clans que seguen operando hoxe en dia. Porque en contra da crenza mediatica e popular, o narcotrafico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que ainda non rematou.Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da sua privilexiada posicion xeografica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha nova Sicilia: atraso economico, unha centenaria tradicion de contrabando e un clima de admiracion e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da epoca dos inofensivos e benefactores capos do tabaco. Os clans, poderosos e hermeticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase politica e das forzas de seguridade.A traves de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuices, policias, xornalistas e nais de toxicomanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo kitsch de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenomeno que arrasou o tecido social, economico e politico de Galicia.Fariña inclue, ademais, un repaso inedito polos clans que seguen operando hoxe en dia. Porque en contra da crenza mediatica e popular, o narcotrafico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que ainda non rematou.
Ver más