O Sendeiro rural de Galicia é unha proposta atractiva e diferente para coñecer o medio rural galego, camiñando ou en bicicleta, desde os arredores de Vigo ata Santiag
Desde o seu nacemento, nas estribacións da serra de Meira, en Lugo, ata a súa desembocadura na Guarda, en Pontevedra, regando o 40% do territorio galego, o río Miño, o «pai dos ríos galegos», acubilla un rico e variado patrimonio natural, monumental e cultural. Conta con paraxes «protexidas» como as Insuas do Miño ou con entornos modificados pola man do home, nos diversos encoros que —na maioría dos casos— alteraron importantes ecosistemas naturais. Un río cheo de lendas, que nos falan de teiticieiras e xanas que moraban nas súas augas. A través dos Itinerarios seguindo o río Miño, Paco Armada, autor desta guía de viaxe, ofrécenos a posibilidade de coñecer e gozar das terras e do patrimonio que se estende a ambas as dúas ribeiras do Miño, incluíndo a parte do territorio na que compartimos o río coa veciña Portugal. Descricións detalladas dos itinerarios, con preto de 1.000 km de percorrido, localidades bañadas polo augas miñotas, monumentos, historia, áreas de esparcemento, excursións a lugares de interese, rutas de sendeirismo… A guía vai nutrida, ademais, de mapas e máis de 400 fotografías que fan deste libro un referente indispensable para o viaxeiro.
Rotas para camiñantes (I) Pontevedra é un libro coidadosamente elaborado para proporcionar información precisa e útil tanto sobre tódolos sendeiros existentes na provincia de Pontevedra, avalados e homologados pola Federacion Galega de Montañismo e sinalizados coa normativa internacional, como por outros que a experiencia do autor aconsella reflectir. O presente volume, editado por Xerais coa colaboracion do Club Peña Trevinca e a Federacion Galega de Montañismo, foi preparado polo montañeiro e sendeirista vigues Paco Armada que nos conduce do Galiñeiro o Aloia, de Mondariz a Vilasobroso, polo carreiro dos petroglifos de Baiona, polo mosteiro de Carboeiro e a fervenza da Toxa, por terras de Cuntis, de Pontesampaio a Pontevedra... O libro forma parte dun ambicioso proxecto de catro volumes (un por provincia) que abarcara toda a xeografia do noso pais. Nacido cunha vocacion de servicio esta dirixido os monteñeiros, excursionista e a a todalas persoas a quen lles guste andar e mesturarse coa paisaxe galega. Pensadas tanto para expertos como para afeccionados, pretende facilitarlle o camiñante o seu desprazamento por terreos pouco coñecidos. A presente guia inclue unha demorada descripcion de 16 rotas, pensadas para realizar como maximo nunha xornada, acompañadas de mapas de cada unha delas (onde se sinalan o itinerario e os puntos de interese natural, paisaxistico e historico-artistico), cadros (que sinalan distancias, cartografia e desniveis). Completase o volume con fermosas fotografias de cada unha das rotas, tiradas polo propio autor e de cadros dos sinais oficiais de sendeirismo e dos simbolos empregados nos mapas e itinerarios. Como sinala Xose L. Freixeiro, prologuista do volume e Presidente da Federacion Galega de Montañismo, este libro sera un elemento de consulta necesario para todo aquel que teña interese en facer excursionismo balizado a pe, en bicicleta ou a cabalo, por uns percorridos cheos de beleza, en contacto coa natureza.
Rotas para caminantes, II A Coruña e o segundo volume da serie que o autor está a preparar sobre as rotas Galegas, é un total de 15 rotas (todas elas para facer nun só día e mesmo nunhas poucas horas) que transcorren por toda a provincia coruñesa. Sempre descritas con moito detalle, con información sobre os lugares que nos saen ó paso. Entre outras rotas destacan: A Costa da Morte: un percorrido circular de 21 quilómetros, que nos amosa lugares como o castelo do Soberán... o illote de Vilán de Fóra, praias como as de Pedrosa, Reira, etc O Olimpo Celta, de trazado sempre ascendente ata o cumio da Moa, dende onde podemos gozar cunha paisaxe que nos engaiolará. A Serra da Capelada, que nos leva ata Santo Andrés de Teixido...