A excelente obra de Pilar Allegue é unha importantísima aportación sobre a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2002: Frei Martín Sarmiento. O crítico Francisco Martínez Bouzas dixo sobre este traballo: "O descoñecemento de Sarmiento e a sua obra non e conxuntural senon a consecuencia do amoreamento do silencio de tres seculos. Sarmiento e un home ilustrado en moitos aspectos, pero noutros e un rematado individualista, como sosten X. L. Pensado, un fondista solitario que nada contra a correntada das Luces. Censura as mediacions non desexables entre o intelecto e o libro da natureza, entre o individuo e a sua autonomia (...); E contrario os caciques, a pena de morte, e un antimilitarista e un pacifista convencido asi como un defensor da igualdade das mulleres; Xa que logo as ideas de Sarmiento son enteiramente de hoxe e por elas foi considerado no seu tempo un erudito extravagante e arbitrario, cunha inmensa lectura, pero, segundo Felix de Azara, "sen pizca de xuizo". (...) Estudios como de Pilar Allegue axudan a arredar do anonimato nalgunha medida a verdadeira personalidade de Sarmiento, unha parte da sua obra e o rigor conceptual dun pensamento que e plenamente dos nosos dias, e a sua afeccion apaixonada na defensa de Galicia, dos seus homes e do seu idioma.
Fr. Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 ? Madrid, 1772) é un dos maiores pensadores do século XVIII español e galego, pero o ineditismo da súa obra (non publicou máis que a Demostración Crítico Apologetica...) dificultou e dificulta o seu coñecemento. Autor preocupado por todalas ciencias humanas: Semiotica, Pedagoxia, Etnografia, Dereito... deixa en todas elas importantes aportacions. O conxunto da sua obra ?fragmentaria, corrosiva, cientifica- e producto dun humanismo naturalista, sustentado en investigacions e observacions empiricas.A filosofia ilustrada de Fr. Martin Sarmiento e a primeira lectura filosofica sobre este autor. Pretende dar a coñecer algunhas das suas orixinais contribucions o pensamento do seculo XVIII, seculo de luces e antiluces, e recuperar a unha das nosas ilustres figuras para ubicala na mellor tradicion do pensamento español e galego, na tradicion do pensamento emancipatorio.