A tradición lírica galego-portuguesa é a que transmite o maior número de cancións femininas da Europa medieval. A cantiga de amigo revélase nese contexto como un xénero dotado dunha gran riqueza expresiva e conceptual, xa que conten as marcas de experiencias literarias precedentes e contemporaneas, entre as que ocupa un lugar destacado o rexistro cortes. Esa suma de tradicions e a que determina a variedade narrativa, tematica e retorica que caracteriza o xenero. A presente obra pretende achegar o lector o sistema literario da cantiga de amigo a traves da analise daqueles temas ou aspectos que se consideraron mais significativos e que, nalguns casos, veñen abordados por primeira vez no seo da critica. Insistese nos elementos tipicos do xenero, pero tamen na presencia daqueles outros que modifican os datos tradicionais para dar lugar a textos que destacan pola sua variacion estilistica ou tematica.