Pinto&Chinto é o dúo de humor gráfico formado polo ilustrador David Pintor e polo escritor Carlos López Gómez. Asociados dende 1993, o dúo ten publicado as súas viñetas diarias en El Correo Gallego, O Correo Galego e, desde 1998, nos xornais do Grupo Voz (La Voz de Galicia, Diario de León, Diario 16 e La Voz de Baleares). Pinto&Chinto expuxeron o seu traballo na Bienal da Caricatura de Ourense, O Sapoconcho do Museo do Humor de Fene, en Verín, en Lisboa, en Oeiras; recibiron en 2007 o premio Curuxa Gráfica, que concede o Museo do Humor de Fene; e publicaron diversos libros para nenos: “Suca” (2001), “Aquilino pinta unha nube e un camaleón” (2002), “Historia de Román, o bombeiro” (2005), “O pequeno da familia fantasma” (2005), premio Frei Martín Sarmiento 2007, “Minimaladas” (Xerais 2007), Premio Merlín de Literatura Infantil, ilustrado por David Pintor, ” Novas minimaladas” (Xerais 2008) e Cámbiache o conto (Xerais 2016). Ademais, no eido do cómic crearon o personaxe Tito Longueirón, que apareceu semanalmente nas páxinas da revista Golfiño, historietas que foron recollidas en 2005 nun volume publicado por Edicións BD Banda. Carlos López Gómez publicou, ademais, o poemario “Espello sen fondo” (2000).

Recibe novedades de PINTO directamente en tu email

Del 1 al 7 de 7
-9788440304209
Tapa blanda
SUCA

PINTO y Chinto

-9788440305312
Tapa blanda
HISTORIA DE ROMAN O BOMBEIRO

PINTO y Chinto

-9788424187569
Tapa blanda
SUCA (PINTO Y CHINTO)

PINTO

-9788478646722
Tapa dura
Aquilino pinta una nube y un camaleón

PINTO y Chinto

-9788478646692
Tapa dura
Un bon costum

PINTO y Chinto

-9788492608461
Tapa dura
Minimalario

PINTO y Chinto

-9789898205728
Tapa blanda
MINIMALARIO

PINTO y Chinto

Del 1 al 7 de 7