Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxía "Vidas de infancia", Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, "Os meus ollos" (Xerais 2003), nesta reflexion sobre a recuperacion da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ambito da escola publica, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que estan implicadas as vidas de persoas reais, a novela e un modelo de exactas e virtuosas descricions, formuladas por medio dun humorismo benevolo e unha emocion serena. Asi mesmo, "Os ollos da ponte" constitue un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas tecnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a sua propia arquitectura e reinventandose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os limites entre a ficcion e a verdade da escritura literaria mediante a descricion dunha estensa galeria de tipos humanos, proxectando un seculo enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola sua riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diafano.Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxía "Vidas de infancia", Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, "Os meus ollos" (Xerais 2003), nesta reflexion sobre a recuperacion da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ambito da escola publica, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que estan implicadas as vidas de persoas reais, a novela e un modelo de exactas e virtuosas descricions, formuladas por medio dun humorismo benevolo e unha emocion serena. Asi mesmo, "Os ollos da ponte" constitue un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas tecnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a sua propia arquitectura e reinventandose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os limites entre a ficcion e a verdade da escritura literaria mediante a descricion dunha estensa galeria de tipos humanos, proxectando un seculo enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola sua riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diafano.
Ver más