Ramón Cabanillas


Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n’ A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado “A saudade nos poetas galegos” e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).
Recibe novedades de RAMON CABANILLAS directamente en tu email
Del 1 al 17 de 17
ANTIFONA DA CANTIGA

Editorial Galaxia, S.A. 9788491515777


ANTOLOXIA POETICA (LETRAS CLASICOS)

Editorial Galaxia, S.A. 9788498652413


SAMOS

Edicións Xerais 9788499140308


OBRA DRAMATICA

XERAIS 9788475079998


DE TERRA ASOBALLADA

XERAIS 9788475077949


NA NOITE ESTRELECIDA

Edicións Xerais 9788475073453


VENTO MAREIRO

XERAIS 9788475078724


A ROSA DE CEN FOLLAS

XERAIS 9788475077468


CANCIONERO POPULAR GALEGO

GALAXIA 9788471544247


A VIRXE DO CRISTAL: LENDA DE CURROS ENRIQUEZ AXEITADA PARA OPERA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA 9788497490351


CABANILLAS (T. 1)

AKAL 9788473394352


CABANILLAS (T. 3)

AKAL 9788473394970


ANTOLOXIA POETICA (4ª ED.)

GALAXIA 9788471544360


CABANILLAS (T. 2)

AKAL 9788473394369


DA TERRA ASOBALLADA

AKAL 9788473391702


POESIA GALEGA COMPLETA

Edicións Xerais 9788499140629


NO DESTERRO

Edicións Xerais 9788497828789


Del 1 al 17 de 17