Para conmemorar o quincuaxésimo aniversario da morte do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia volve publicar a antoloxía da súa obra poética realizada en 1983 por Marino Dónega.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498652413
Idioma: Gallego
Número de páginas: 234
Tiempo de lectura:
5h 32m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/11/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
Letras Galegas Clásicos
Letras Galegas Clásicos
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n' A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado "A saudade nos poetas galegos" e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).