Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano. O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A sua escrita visual e fluida, cercana ao comic e o cine e as suas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun exito inmediato. Seis cordas e un corazon ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo as portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos. O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatia en discusions interminabeis entre tradicion e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazon deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu as portas a unha nova tematica e a un novo publico que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa epoca.Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano. O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A sua escrita visual e fluida, cercana ao comic e o cine e as suas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun exito inmediato. Seis cordas e un corazon ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo as portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos. O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatia en discusions interminabeis entre tradicion e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazon deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu as portas a unha nova tematica e a un novo publico que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa epoca.