Un mangado de textos arredor da xénese e formación da idea de nación e das concepcións diferentes da identidade socialA elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólico coma desde a vertente do factual, e esmiuzada con xeito e atinada diagnose por Santiago Lamas nunha sucesion de cinco ensaios que constituen a cerna do libro. Tamen sobre a identidade, mais vista desde a sua "patoloxia", no caso do Don Xoan, e a partir da sua sintomatoloxia, no caso da invencion da paisaxe e no da novela policial, tratan as outras "lecturas" -nos dous sensos: interpretacions e leccions- que achegan lectores e lectoras ao proceso de pensamento, ao seu desenvolvemento ou busca curiosa e interesada na cultura como realidade asemade simbolica e actuante. A radiografia do sedutor, os himnos e as bandeiras, a xenetica das orixes e as viaxes en procura da identidade, a "recreacion" do pasado, a invencion da paisaxe como esencia e a novela negra como retrato social enxerganse, pois, neste libro coa nidia perspectiva de quen efectivamente escribe dende o cabo do mundo.
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2015E xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. En De camiños, viaxeiros e camiñantes, Santiago Lamas e Alfonso Mato desenvolven unha reflexion suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relacion entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guias de viaxe, turistas e vagabundos literariso, ademais das actuais e, nalguns casos, perversas formas de camiñar. Desde a actualidade, o libro dialoga coa Galicia de inicios do seculo XX mediante un estilo aberto e rico, seguindo o ronsel do ensaio e da digresion que descubriu e practicou con singular brillantez Michel de Montaigne.