SILVERIO CERRADELO (Ourense, 1964) pertence a unha familia toda das terras da Limia, de preto de Xinzo. Licenciouse en Veterinaria na Universidade Autónoma de Barcelona e ten traballado sobre todo con fauna salvaxe. Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboracións na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental. Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pireneos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos. Para este proxecto escribiu o conto A historia da Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallcalent, do cal se publicaron 29.000 exemplares en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego. Na actualidade está a rematar Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona. Como narrador publicou Os paxaros tamén migran ao sur (Xerais, 2007), Premio Terra de Melide 2006.
Recibe novedades de SILVERIO CERRADELO directamente en tu email
O Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaria e viu aparecer pola porta unha muller nova que traia baixo o sobrazo un mangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa que se prostitue porque necesita a heroina e que debe marchar a hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamen migran ao sur e unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicacion humana non e doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientacion moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler ate o final.O Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaria e viu aparecer pola porta unha muller nova que traia baixo o sobrazo un mangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa que se prostitue porque necesita a heroina e que debe marchar a hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamen migran ao sur e unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicacion humana non e doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientacion moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler ate o final.