Porque todos os pobos bailan. Unha simbiose feliz entre corpor, a festa e o ritmo.A vida é unha especie de danza?Neste libro, os autores, vencellados dende hai moitos anos ao mundo da danza popular, ofrecen unha escolma de 21 pezas tradicionais de diversas partes do mundo, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no CD con instrumentos propios dos seus paises de orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguen quede sen bailar. Un libro que e tamen unha guia e una viaxe xeografica para quen queira aprender a rodar, a ir en roda, da man dos bailadores e bailadoras que, polo mundo adiante, inventaron pasos cos que lles sorrir a vida.