Teresa Moure


Teresa Moure Pereiro é profesora de lingüística xeral na Universidade de Santiago de Compostela e autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004 e Premio San Clemente 2005; Herba moura (Xerais 2005), Premio Xerais de novela 2005, Premio Irmandade do libro á autora do ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en lingua galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da crítica española 2005; Benquerida Catástrofe (Xerais, 2007); A casa dos lucarios (Xerais, 2007) e A intervención (Xerais 2010). Publicou ademais ensaios: Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2004; A palabra das fillas de Eva (2005), Premio da crítica de Galicia 2005, O natural é político (Xerais 2008), Ecolingüística (2011) e Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011. Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola peza dramática Unha primavera para Aldara (2008, Xerais 2009), levada á escena por Teatro do Atlántico, e recoñecida co premio María Casares ao mellor texto orixinal 2009 e co Premio AELG 2009 a texto teatral. Tamén en teatro publicou Cínicas (2010). No eido do álbum ilustrado publicou dous textos dirixidos ás nais: Eu tamén son fonte (2008) e Mamá, ti si que me entendes! (2009), ilustrados por Leandro Lamas. Algunhas das súas novelas e ensaios foron traducidos a varias linguas. Para alén diso, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación. Coordinou a obra colectiva " Bolxeviques (1917-2017), publicada en dous volumes diferentes por Xerais e Através.
Recibe novedades de TERESA MOURE directamente en tu email
Del 1 al 20 de 28
HIERBA MORA

DEBOLSILLO 9788483466483

(2)


UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA (PREMIO RAFAEL DIESTE)

DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA 9788498120806



OUTRO IDIOMA E POSIBLE: NA PROCURA DUNHA LINGUA PARA A HUMANIDADE (PREMIO RAMON PIÑEIRO DE ENSAIO 2004)

Editorial Galaxia, S.A. 9788482888040


A XEIRA DAS ARBORES (PREMIO LOUREIRO REY 2004)

SOTELO BLANCO EDICIONS 9788478244577


LA JORNADA DE LAS MUJERES-ARBOL

RONSEL 9788485340033


LA PALABRA DE LAS HIJAS DE EVA

LUMEN 9788426416339


HERBA D ENAMORAR

LA CAMPANA 9788495616920


UNIVERSALES DEL LENGUAJE Y LINGUO-DIVERSIDAD

ARIEL 9788434482418


LA ALTERNATIVA NO DISCRETA EN LINGUISTICA UNA PERSPECTIVA HISTORI CA Y METODOLOGICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOS 9788481216028


QUERIDA CATASTROFE

PULP 9788493857639


HIERBA MORA

LUMEN 9788426415769

(1)


O NATURAL E POLITICO

Edicións Xerais 9788497829106


BENQUERIDA CATASTROFE

Edicións Xerais 9788497825801


CINICAS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA 9788497494274


LA EDAD BAJO SOSPECHA (EBOOK)

LA CATARATA (ASOCIACION LOS LIBROS DE LA CATARATA) 9788413526119

Ver más ediciones

LA EDAD BAJO SOSPECHA

Los Libros de la Catarata 9788413526287

Ver más ediciones

OSTRACIA

Tiempo de Papel Ediciones 9788409329588

Ver más ediciones

A PALABRA DAS FILLAS DE EVA

Editorial Galaxia, S.A. 9788482887074


HERBA MOURA (PREMIO XERAIS DE NOVELA 2005)

Edicións Xerais 9788497823470

(1)

Ver más ediciones

Del 1 al 20 de 28