Valentín Arias


Valentín Arias Membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia. A súa figura revalorizou coma ninguén o papel da tradución no ámbito editorial en Galicia. O seu labor como tradutor recibiu numerosos recoñecementos como o premio Ramón Cabanillas de Tradución, o Premio de Tradución Xuvenil do Ministerio de Cultura e o Premio de Tradución Plácido Castro. Ao seu criterio rigoroso debemos a revisión de boa parte dos cen primeiros títulos publicados por Xerais, a redacción dalgúns dos primeiros libros de texto para o ensino do Coñecemento do Medio en Educación Primaria e a tradución de moitos dos títulos das primeiras coleccións infantís da editorial, Arroás, Xabarín e O rato Pérez . Traduciu a autores como Verne (“A volta ao mundo en 80 días”, “Viaxe ao centro da Terra”) , Le Clézio (“Mondo e outras historias”), Saint-Exupéry (“Voo de noite”), Duras (“O xardín), Ricardo Mella (“Lombroso e os anarquistas”). Preparou as versións galegas de libros de investigación como “A guerrilla antifranquista en Galicia” de Heine, “Diego Xelmírez” de Biggs ou “Os galeóns de Rande” de Stenuit.
Recibe novedades de VALENTIN ARIAS directamente en tu email
Del 1 al 5 de 5
LIBRO DE ESTILO

XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL 9788445306123


PRONTUARIO ORTOGRAFICO DE GALEGO

EDICIONS DO CUMIO 9788487126635


ESCRIBIR BEN

XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL 9788445302095



AVELINO POUSA ANTELO: GALEGUISTA, DOCENTE, COOPERATIVISTA, ESCRIT OR,POLITICO E ANIMADOR CULTURAL (GALEGOS NA HISTORIA)

IR INDO 9788476804940


Del 1 al 5 de 5