Esta narración sosegada e penetrante trata da amizade entre Aurora e Lidia, dúas rapazas que cursan o derradeiro curso de bacharelato e que vivirán xuntas un ano decisivo para as súas vidas. A familia, o instituto, as lecturas, a musica, os amigos,, as experiencias cotias son o marco no que se desenvolven as expectativas de vida, os soños e a angustia das duas protagonistas, moi distintas nas suas formas de ser e na sua maneira de enfrontarse o mundo e, asemade, fortemente unidas polo poder da amizade. Escrito con perspicacia e agarimo, A sorte de espertar e un relato que incita o lector novo a abordar con serenidade a incerteza e a confusion vital propias das etapas de transicion. Este e o primeiro libro de Xabier Alcalde.
A gravidade do sentimento da vida desaloxada vese acompañada pola aguilloante conciencia desta inmensidade inabordable que é o gozo de estar vivo. Este libro, mediante unha estratexia literaria que deixa fecundar a analise coa experiencia do padecer, quere internarse nesa conflitividade existencial, rastreando as pegadas do devastador malentendido que goberna as nosas vidas. Tentativa que se lle presenta a intelixencia acosada por unha soidade impotente, como o estimulo fundamental para a intervencion politica, contrapunto necesario da efusion poetica que quizais poida avivar as voces caladas polo confortable silencio que a compra do ser impon a este canto endexamais culminado que somos.A gravidade do sentimento da vida desaloxada vese acompañada pola aguilloante conciencia desta inmensidade inabordable que é o gozo de estar vivo. Este libro, mediante unha estratexia literaria que deixa fecundar a analise coa experiencia do padecer, quere internarse nesa conflitividade existencial, rastreando as pegadas do devastador malentendido que goberna as nosas vidas. Tentativa que se lle presenta a intelixencia acosada por unha soidade impotente, como o estimulo fundamental para a intervencion politica, contrapunto necesario da efusion poetica que quizais poida avivar as voces caladas polo confortable silencio que a compra do ser impon a este canto endexamais culminado que somos.