Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada que caeu sobre o campo, a maña. No escurecer, se o dia esta calmo, saio para vela. O poeta percorre o seu mundo fisico proximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastandonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na mais distante galaxia, nese universo no que todo, se cadra, esta protexido pola branca luz de incerta brillantez do que fica perenne no ser humano: os recordos.Desde a cama, muda, mira o teito do universo. Ri as veces, como se o desafiase,pero o xesto no tarda en romper, apagase antes de pronuncialo.A vida pasa a sua agulla pola boca da avoa.