Baixo a autoría do arquitecto Xaime Garrido Rodríguez e o profesor Xosé Mª Ramón Iglesias Veiga, o libro Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista, presenta a vida e a obras dun arquitecto vigues de grande importancia na historia da arquitectura galega.Xenerosamente ilustrado, nunha edicion fermosa, e subvencionado polo Concello de Vigo, o libro leva un prologo do ilustre galeguista e escritor Don Francisco Fernandez del Riego, explicando as circunstancias da vida do arquitecto Gomez Roman, a quen tratou con asiduidade. Logo, os autores analisan tanto a sua vida como, sobre todo, a sua obra arquitectonica, tanto a realizada como a imaxinada, da que deixou constancia en numerosos debuxos e bocetos.Segundo Francisco Fernandez del Riego, Gomez Roman, nacido en Vigo en 1876, puxo teima en desentrañar as esencias e os signos da tradicion na arte monumental de Galicia, e foi un constante recreador do espacio arquitectonico galego, ben dentro das liñas do modernismo, ben dentro da evolucion que o levou cara a corrente rexionalista. Destacouse como un dos protagonistas do Vigo do seu tempo, e chegou a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista (o seu derradeiro secretario xeral).Entre as obras mais coñecidas de Manuel Gomez Roman destacan a Panificadora de Vigo, a capela de A Guia, o edificio Simeon, o edifico do Banco de Vigo (actual Banco Pastor), o monumento de Monteferro, numerosos chales, pazos e edificios do centro da cidade, o Hospital Municipal de Vigo, o coñecido edificio Mulder de Montero Rios, a fabrica de Alfageme...
Ver más