Logo da publicación do primeiro volume de Peixes do mar de Galicia, con esta nova entrega cúbrese un importante ámbito do coñecemento da cultura do mar de Galicia: os peixes óseos, coas súas xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Trátase dun libro que, comoo anterior, afonda na identificación, coñecemento e estudio dos peixes, partindo do traballo de investigación e divulgación que os seus autores -biólogos de experimentada e recoñecida traxectoria- levan a cabo día a día. Xavier Vázquez -inspector pesqueiro en Bruxelas- e X.L. Rodríguez Villanueva -na actualidade profesor no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa- ofrécennos a través desta serie de libros, e sempre coas raíces no seu profundo amor ó mar, unha visión ordenada e clarificadora dos enigmáticos e indispensables habitantes das nosas augas, con excelentes ilustracións, magníficos debuxos e unha lectura útil, doada e práctica.
Con Peixes do mar de Galicia (III), péchase a serie de tres volumes que Xerais adicou a un importante ámbitodo coñecemento da cultura do mar de Galicia: os peixes, coas súas xeneralidades e clasificación. Este terceiro volume, como o anterior, afonda na identificación, coñecemento e estudio dos peixes óseos (continuación), parte da que son autores, coma dos volumes anteriores, dous biólogos de experimentada e recoñecida traxectoria: Xavier Vázquez e X.L. Rodríguez Villanueva; pero tamén trata este terceiro volume dos peixes de río, nun trabaIlo realizado por Henrique Álvarez Escudero. Esta serie de libros ofrécenos, sempre coas raíces no seu profundo amor ó mar, unha visión ordenada e clarificadora dos enigmáticos e indispensables habitantes das nosas augas, con excelentes ilustracións, magníficos debuxos e unha lectura útil, doada e práctica.
A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principais protagonistas: os peixes.Velaquí un libro que participa destes catro aspectos, traballo de varios anos realizado con amor e adicación e que presenta agora a primeira panorámica totalizadora e sistematizada dun capítulo tan representativo do noso patrimonio natural.Ámbolos dous autores son biólogos, cun amplo traballo de investigación e divulgación do mundo do mar de Galicia. E mesmo do mundo do mar onde traballan decote os galegos. Xavier Vázquez é Inspector Pesqueiro da CEE e Rodríguez Villanueva director dunha planta de cultivo integral de rodaballo, aspectos profesionais que complementan os seus traballos de investigación. Os Peixes do mar de Galicia, con importante aparato fotográfico e coidadas ilustracións, ofrécese en varias entregas, dada a dimensión da obra e o amplo obxecto de estudio que pretendemos. Este primeiro tomo está adicado a algunhas especies moi populares, aínda que non tan ben coñecidas: a lamprea e o mundo das raias e dos tiburóns. Son os peixes cartilaxinosos. Os de estructura ósea trátanse nos dous volumes seguintes.