Son moitas as ocasións en que matemáticas e literatura se entrelazan, e moitos os escritores para os que as afeccións matemáticas foron algo máis que vicios ocultos. Porén, rara vez se fala, poñamos por caso, de que Dostoievski era enxeñeiro, da gran formacion matematica que tiña Stendhal, Musil ou Valery, ou do enciclopedico empeño de Raymond Queneau, Georges Perec, Raymond Roussel, Italo Calvino, e o resto dos integrantes do grupo OULIPO, en facer un desenvolvemento recursivo da literatura a partir de restricions estruturais.O certo e que ao longo da historia existiron numerosos exemplos nos que basear unha reflexion que axude a achegar a matematica e a creacion literaria. Esta obra trata de contribuir ao achegamento das "letras" e as "ciencias", para amigar duas manifestacions do intelecto que adoitan presentarse case como antagonicas. A partir dos escritores lexitimados, desenvolvense os conceptos que explicitamente se citan nuns textos ou se destece a trama xeradora doutros, intentando que os materiais presentados sexan intelixibeis para os non matematicos.