Coxegas reúne diversos textos dramáticos cun estilo moi característico, moi propio dun dos máis inportantes dramaturgos dos anos oitenta, nos que aparecen reflectidos algúns dos temas que son unha constante ao longo da sua obra.Xesus Pison
A atención editorial ao teatro no nos o país continúa a ser deficiente, malia este xénero estar a dar os mellores froitos do presente literario.Así, a obra dun escritor como Xesús Pisón permanece"desaparecida", sen que ningunha iniciativa teña abordado a sua reedicion.Consciente desta eiva, a Biblioteca-Arquivo reune aqui cinco dramas ben representativos do universo literario e vital do autor, revisados e corrixidos por el mesmo e bautizados co titulo de Noite invadida.Cinco dramas que son un asalto a abulia colectiva. Cinco pegadas de senllas viaxes ao inferno (Quen non coñece o inferno e un inconsciente e un irresponsabel, dixo T. Bernhard). Cinco latexos, en fin, de que se nutre o Teatro, iso que Pison ten nomeado como un"saudabel rival da vida".