O Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía galega, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén e unha viaxe que atravesa paxinas de forte contido narrativo e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun diccionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitue unha das mais importantes aportacions o patrimonio cultural galego nos ultimos anos. Nas 710 entradas das que consta o Diccionario dos Seres Miticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, ollaparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbons que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea, ou oir os contos de Maria Castaña. O lector deste singular e unico diccionario podera visitar as tumbas de Orcavella e a Raiña Lupa; asaltara casas con Pepa a Loba; bebera na fonte de Ana Manana; voara con meigas, chuchonas e nubeiros; correra sete parroquias cos lobishomes; vera como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragons, basiliscos, cocas, unicornios; navegara no Bergantin Pantasma; andara os camiños coas animas da Compaña; tremera na noite o escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitara cidades asolagadas e enterradas, como Antioquia, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños o Alen e Cabos do mundo; coñecera os cocos, tales como o home do saco, o sacauntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampon e o orco; lera o Ciprianillo e desatoara decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, so hai que abrilo por calquera paxina. A obra, editada de forma moi coidadosa, encadernada en cartone, con fita punto de lectura e sobrecuberta de papel de algodon a catro cores, vai acompañada de 16 extraordinarias laminas despregables a toda cor. A presente edicion foi todo un fito para a edicion en lingua galega. Acompaña a edicion do Diccionario unha exposicion, Habitantes imaxinarios, que recolle en trinta e dous cadros parte do materi
Ver más