?A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia? é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez o municipalismo galego e os trazos basicos que o caracterizan: orzamentos raquiticos, dependencias estructurais, clientelismos multiples, urbanismo feble ou inexistente, xestion manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuidas, reducida dimension politica. Por iso este libro de Xoaquin Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacions Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explicita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonia do municipalismo galego e o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias multiples que os gobernos autonomico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinacion e de rendicions sen fin. Repartindo subvencions e axudas xenerosas con criterios ideoloxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos reducese a autonomia politica e danase profundamente a relacion democratica. O municipio atrofia asi a sua xenuina dimension politico-institucional e convertese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na sua institucion municipal o derradeiro elo que garante a sua eficacia e funcionalidade.Esta obra e unha guia imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ambito urbanistico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.