XOSE ANTON LOPEZ DOBAO


Antón Dobao naceu en Lugo o 16 de xullo de 1963. Licenciado en Filoloxía Galega, é escritor, guionista e director. Na TVG, traballa como Asesor Lingüista e dirixe o proxecto de ficción audiovisual Un Mundo de Historias, do que tamén é creador. Entre os anos 1995 e 200 foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Dispensou a materia Libro de Estilo. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Membro fundador do PEN Club de Galicia. É membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro desde a súa fundación. É membro do Consello de Redacción da revista Cadernos de Lingua, da RAG. En narrativa ten publicado ``Incertos´´ (Xerais 2008), en poesía ``Desde o teito da noite´´ (Xerais 1987), ``Caderno dos dereitos e das horas´´ (Deputación da Coruña, 1994), ``O tempo entre murallas´´ (Xerais 1997), ``Materia´´ (Xerais 2005), ``Onde o ollar comeza a doer´´ (Sotelo Blanco, 2007) e participou no libro poético colectivo ``Xuro que nunca volverei pasar fame´´( editado pola Asociación Redes Escarlata. No campo da tradución ``A granxa dos animais (Animal Farm)´´, de George Orwell, en Edicións Positivas, ``O vaso de prata (El vas de plata)´´, de Antoni Marí, en Sotelo Blanco, ``Nove Contos (Nine Stories)´´, de J. D. Salinger, en Sotelo Blanco, ``Mr. Vertigo´´, de Paul Auster, en Sotelo Blanco, ``Ferros e ameixas (Ferros i prunes)´´, de Carles Bellsolà, poesía, en Edicións Xerais e ``Se comes un limón sen facer xestos (Si menges una llimona sense fer ganyotes)´´de Sergi Pàmies, Edicións Xerais. É creador e director do proxecto de ficción audiovisual da TVG ``Un Mundo de Historias´´, consistente nos seguintes produtos: Un Mundo de Historias (miniserie de 7 episodios, da que foi director e guionista), baseada en relatos de Castelao, Rafael Dieste, X.L. Méndez Ferrín, Ánxel Fole...
Recibe novedades de XOSE ANTON LOPEZ DOBAO directamente en tu email
Del 1 al 3 de 3
DESDE O TEITO DA NOITE

XERAIS 9788475072753


O TEMPO ENTRE MURALLAS

XERAIS 9788483020975


MATERIA

Edicións Xerais 9788497823210


Del 1 al 3 de 3