Lola, propietaria da santiaguesa boite "Toulouse Lautrec", conta cada noite sobre o escenario o que foi a súa vida, que xirou arredor do seu traballo como cabareteira e as súas relacións con tres homes: Paco, o veciño do seu tempo da afastada aldeiña de Couzadoiro, onde ambos os dous naceron; Raul, o coronel que lle puxo casa na viguesa rua Colon; e o xeneral Aniano, o seu socio, co que chegaria mesmo a casar. Acompañada sempre por Reme, a sua secretaria e confidente, e por Rufino, o seu profesor de canto, a rapaciña aldeana converterase nunha das mulleres mais desexadas do seu tempo. A ruina que se produciu no mundo rural galego nos ultimos cincuenta anos e a imposibilidade do amor, concibido como unha falacia que so beneficia aos homes, son temas centrais desta novela de Xose A. Perozo de lectura apaixonante que da conta dos tempos dificiles do franquismo.Lola, propietaria da santiaguesa boite "Toulouse Lautrec", conta cada noite sobre o escenario o que foi a súa vida, que xirou arredor do seu traballo como cabareteira e as súas relacións con tres homes: Paco, o veciño do seu tempo da afastada aldeiña de Couzadoiro, onde ambos os dous naceron; Raul, o coronel que lle puxo casa na viguesa rua Colon; e o xeneral Aniano, o seu socio, co que chegaria mesmo a casar. Acompañada sempre por Reme, a sua secretaria e confidente, e por Rufino, o seu profesor de canto, a rapaciña aldeana converterase nunha das mulleres mais desexadas do seu tempo. A ruina que se produciu no mundo rural galego nos ultimos cincuenta anos e a imposibilidade do amor, concibido como unha falacia que so beneficia aos homes, son temas centrais desta novela de Xose A. Perozo de lectura apaixonante que da conta dos tempos dificiles do franquismo.
Ver más